
Cuestionario de autodiagnóstico de habilidades dixitais
Dámosche a benvida ao cuestionario de autodiagnóstico do teu nivel de rendemento en habilidades dixitais!
- Este cuestionario ten como obxectivo axudarche a identificar os teus puntos fortes e débiles en relación coas túas habilidades dixitais. Deste xeito poderás coñecer o teu nivel de competencia actual nas cinco áreas de competencias que cada persoa debe desenvolver: alfabetización de información e datos, comunicación e colaboración, creación de contidos dixitais, seguridade e resolución de problemas. Estas áreas e as súas correspondentes competencias dixitais están definidas no Modelo de Competencias Dixitais da Cidadanía Española
- Este cuestionario tenn 21 preguntas en total.
- Para cada pregunta presentaranse tres afirmacións sobre as súas prácticas dixitais. Debes responder a cada afirmación marcando a opción “Si” ou a opción “Non”, obxectivamente e con total sinceridade en función das túas capacidades, habilidades e hábitos de uso.
- Todas as afirmacións deben ser contestadas para poder pasar á seguinte pregunta.
- Despois de realizar o autodiagnóstico, poderás ver e descargar o teu informe de resultados en formato imprimible. O informe tamén inclúe recomendacións de aprendizaxe para a mellora continua das túas habilidades dixitais e podes acceder a ela cando queiras desde a túa área privada.